jueves, 2 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe é o último día, cando teríades que levar o libro 2 de PIEZAS asinado por Rasi, a carpeta...

As cousas son diferentes. Eu acórdome moito de Rasi e de Dulcita, pero estarán a xogar e falar das súas historias, tamén sen sair da clase, como nós da casa.
Hoxe podedes imprimir ou que vos copien

"BAILAREMOS BAJO UNA ESTRELLA" da ligazón do día 30 de marzo, despois o ledes coma unha 
poesía e podedes organizar un recital en casa.

Eu tamén estarei de vacacións lendo libros, ordenando... todo o día na casa darame tempo a facer moitas cousas.

Recordade que todo o que fixestes e fagades no futuro(que sexa en papel) gardádeo no  sobre grande de plástico.

Pasalo moi ben nestas vacacións e ata o 14 de abril.


     Un bico aéreo para tod@s.


miércoles, 1 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe comeza o mes de abril. Despois póñovos un calendario, imprimídelo ou o copiades poñendo os días enriba (castelán ou galego). Lembrade que xoves e venres é con "v" e sábado con "b" para acordarse de Maribé, iso era antes de ter que estar en casa.


Este mes creo que non hai ninguén de cumpleanos (se non me equivoco) pero teño que felicitar a Yaiza que estivo o 22 de marzo (o meu número favorito:os dous parruliños) e non me dei conta porque non tiña o póster da aula na casa.


MOITOS    BIQUIÑOS   AÉREOS, YAIZA.


Hoxe é mércores, facer sempre a rutina de que día foi onte e de que día será mañá e tachades o día cando pase.




Hoxe póñovos o crocodilo, lembrade que a boca come o número maior.       



A ficha que debedes facer tendo en conta a imaxe do crocodilo.


Ademáis, deixovos unha ficha na que debedes ler con atención o texto e responder ás cuestións que aparecen.



Unha aperta moi grande. Moito ánimo!

Maribé e Tania.


martes, 31 de marzo de 2020

Ola nen@s:
Para os que xa chegastes á ficha de restas das baleas,na primeira ficha hai un erro.
Xa sabedes que nunha resta o número de enriba ten que ser maior que o de abaixo.
Cando atopedes o erro en vez dun dous poñedes un oito.
Ser detectives e atopalo !!!
Se xa a fixestes a correxides.
A equivocación tamén é unha fonte de aprendizaxe.Teño que estar máis atenta ás fichas que descargo.
Grazas a persoa que avisa dos erros.
Na clase sodes vós.

             Un bico de boas noites
                             
Bos días:
Lembrade que hoxe é o último día do mes de marzo, mañá xa comeza abril.

Hoxe vouvos a ensinar as partes dun conto.

Fágovolo en castelán.

Aprendo a escribir un cuento:

1.Presento a los personajes.
2.Cuento sus aventuras.
3.Explico cómo acaban sus aventuras.


Falta el TÍTULO pero si el cuento es libre lo podéis poner al principio o al final, según como vayan desarrollándose las aventuras.

Comienzo mi cuento, el título lo inventáis vosotr@s.


1.María cumplirá pronto siete años. Le encantan los cuentos de aventuras espaciales. Lee cuentos y ve películas que tratan de este tema.


2.Una tarde estaba viendo una película de seres de otra galaxia. En el momento más interesante, uno de los protagonistas salió de la pantalla.La cogió de la mano y la invitó a visitar su planeta.


3.María recorrió lejanas estrellas y conoció personajes muy diferentes. Todavía hoy se acuerda de ellos y desearía volver a verlos.

        
Ahora os inventáis un título, que no tenga más de cuatro palabras.Aunque yo he leído libros con títulos muy largos. Pero para empezar llega con no muchas, el título no es el resumen del cuento.


Hoy sólo tenéis que leerlo.


Ahora una ficha de la tabla del 100.






Como podeis recordar, en una entrada anterior os facilité la tabla de 100 para que os resulte más sencillo.

¡Hasta mañana!


lunes, 30 de marzo de 2020

Ola a tod@s:
Esta semana ten catro días, xa que o venres comezamos estas "diferentes" vacacións de Semana Santa.
Vacacións que teremos que pasar todos na casiña.
Hoxe poño unhas fichas (sen présas) e un conto para coñecer mellor as causas de ter que estar na casa.

A través deste enlace podedes acceder ao libro que vos mencionei. É moi interesante!



As fichas son as seguintes:




Recordade! Se non podedes imprimilas facelas nun folio aparte, o importante é saber resolvelas.

Moito ánimo!! Pronto estaremos de volta na escola!

Un bico e unha aperta de Maribé e Tania.

viernes, 27 de marzo de 2020

Como a min gústanme tanto as historias, quero compartir convosco unha nova versión dun coñecido conto que se titula "El monstruo de colores".
Nesta ocasión explícanos o motivo polo cal é moi importante quedar na casa estos días.



Esperamos que vos guste.
Bos  días nen@s  e familias:

Hoxe é venres e non vou poñer moito traballo.

Lembro que había Educación  Física, así que poño unha manualidade.

Non vos olvidedes de ir pouco a pouco rematando os traballos.

Aquí vai a imaxe da manualidade, podedes imprimila quen dispoña de impresora. Outra opción é copiala.



Para as posibles dúbidas, aquí vai o titorial dos pasos a seguir.



Unha aperta moi grande da nosa parte. 

Ata o luns.


Maribé e Tania