viernes, 19 de junio de 2020


Ola familias:


Chegamos ao final deste curso tan diferente. Tivemos que adaptarnos a esta situación que non foi fácil para moitos.

Quero agradecervos a vosa dedicación, esforzo, axuda e sobre todo demostrar a confianza na miña tarefa educativa, antes e durante o confinamento.

Aprendemos outras cousas, nalgúns momentos foi un desafío diario, sobre todo para cumprir cunha obrigación a distancia.

Seguirei buscando e descubrindo as cousas boas, asombrosas e especiais dos vos@s nen@s.

Hai tantas situacións diferentes como alumn@s teño, cada un/unha é únic@ e especial.

Tod@s nos necesitamos. O curso escolar non se perde por unha parada temporal presencial. Xa reestruturaremos todo á volta. O importante foi adaptarnos, aprender, crecer...

Grazas tamén a Tania, a profe de prácticas, que estivo dúas semanas presenciais connosco, pero non deixou de traballar comigo ata hoxe.

Nen@s espérovos en setembro cunha mochila cargada de ganas de aprender e convivir.

        GRAZAS e unha aperta para tod@s.

Póñovos o vídeo de "El pez volador".

E remato tamén co vídeo de Federico García Lorca e o seu amigo Constantino.

  • El pez volador


  • Federico García Lorca


Un bico moi forte! Que pasedes unhas boas vacaciones e vémonos á volta!

miércoles, 17 de junio de 2020

Ola nen@s:

Mañá temos unha videoconferencia ás 12 e media. É un conto moi bonito.

Tedes a ID e a contrasinal na clase de Maribé.

O conto cóntovolo eu.

                Ata mañá.

martes, 16 de junio de 2020

Ola nen@:


Hoxe non hai día de praia, así hai menos pereza para traballar.

Facedes de galego as páxinas 102 e 103.

Axuda:
2 - prato, ciprés, primeiro, prohibido, portería.

3 - A vaca pace no prado.

    O reloxo da praza marca a unha.

O xoves faremos unha videoconferencia.

Mañá estou no cole dando as notas ás familias
que elixiron pola mañá.

                 Un bico e tamén unha aperta.

domingo, 14 de junio de 2020

Ola nen@s:


Xa queda pouco para rematar este curso tan 

diferente.
Que tal vai o debuxo que estades a facer para darmo o día das notas? Non é obrigatorio.

Facede as páxinas 104 e 105 de galego, no ditado poñede o nome e apelidos de dous familiares ou amig@s.


Xa podedes ir aos parques, empeza todo a normalizarse.   

    Eu marcho ao colexio a unha reunión.
           
              Ata mañá.Un bico

viernes, 12 de junio de 2020

Ola nen@s:


Aquí tedes os vídeos. O son non é moi bo.

No vídeo das poesías, sinto que empezasen un pouco máis tarde a gravar e a Valentina escóitaselle só o final.

Na canción cos de 6ºYaiza pasouno "xenial" e Hugo tivo moita "paciencia".

Podedes facerme un debuxo coa vosa firma para darmo o día da entrega de notas, para que me quede de recordo. 
  • Poesías.

  • Canción.


Un bico e unha aperta moi grande. Bo fin de semana!

jueves, 11 de junio de 2020

Ola nen@s:

Moitas páxinas de galego son audios,así que vos poño as máis fáciles para vós.

Hoxe de galego 106 e 107.
O exercicio 12 é así.
TR:avestruz,tronco,trapo.
T-R:torta,tortilla,tartaruga.
NOTA:"tarta" en galego é torta.

Mañá teño unha reunión no colexio,pero vou poñer dous vídeos do día que actuacteis para os nen@s do cole no salón de actos.
        
         Un bico

martes, 9 de junio de 2020

Ola nen@s:

Queda pouco para as vacacións.

Hoxe facedes as páxinas 122 e 123 de galego.
A última palabra da páxina 123 é braña.

     Ata mañá. Un bico.
Ola nen@s:

Hoxe ides facer as páxinas 124, 125, 126 e 127 do libro de galego.

AXUDA para facela, só poño algunhas palabras para facilitar o traballo.

124 - bloque, biblioteca, imperdible.

125 - dobre e obrigar (non doble, nin obligar).
126 - Rodea tímido e vergonzoso.
      Risca alta e branca.

Quen xa teña feitas as páxinas que siga nas seguintes páxinas.

Vou correxir a ficha de onte.

            
              Un bico

domingo, 7 de junio de 2020

Ola nen@s:


Hoxe, luns, 8 de xuño, teño que ir ao colexio para unha reunión.

Que tal vades cos libros de Galego e Piezas 2, facede o que vos resulte máis fácil e un día desta semana na videoconferencia que poña preguntádesme as dúbidas.

Para cambiar de actividade durante o día poño unha ficha, moi fácil, de repaso do segundo trimestre.

Ata mañá. Un bico.



viernes, 5 de junio de 2020

Ola nen@s:

Tedes na clase de Maribé as claves para a videoconferencia de hoxe ás 11 e media.


             Ata logo. Un bico

jueves, 4 de junio de 2020

Ola nen@s:
Hoxe teño que ir ao colexio a unha reunión.

Déixovos un vídeo moi bonito con curiosidades dalgúns animais.

Seguide facendo os libros e asinando vós, que maiores!!!!


Hoxe pola tarde poñerei a clave da videoconferencia de mañá, ás 11 e media, con lapis e papel, será moi divertido.

Ata mañá!

martes, 2 de junio de 2020

LA CUEVA DE LA PINTURA (COMPLETO)


Ola de novo nenos e nenas: 

Mirade que conto máis bonito!

Axúdanos a expresar sentimentos, pedir axuda aos profesores, familia e amigos. Tamén temos que preguntar ou avisar cando notemos que alguén séntese mal.

Mañá falamos sobre este conto.


Ola nen@s:

Xa tedes o libro de galego e o de PIEZAS 2.

Empezades a velos desde o principio, se vos falta algo por facer, facédelo, se está feito e non o corrixín poñédeslle o que eu poñía, abaixo á dereita, sempre que a páxina estaba feita.

Ao libro de galego fáltalle bastante, era para todo o curso, ao de PIEZAS menos, pero repasar os dous.

Mañá, mércores, vou poñer unha videoconferencia ás 11 e media, ademais da do venres.

Mándovos as claves pola tarde a "Clase de Maribé"

Veña!!!!! Empezade polo principio de PIEZAS, así tamén recordades todo, ten cousas moi interesantes...



         Ata mañá e un bico

lunes, 1 de junio de 2020

Ola nen@s:

Aquí tedes o mes de xuño

O día 19, venres, damos vacacións.
Recordade que o 28 é o cumple de Lois, lembrade felicitalo. 
Xa avisarei cando teñen que vir as familias a buscar o boletín de notas, antes teño que reunirme cos demais profesores para poñelas.  

As videoconferencias serán todos xuntos e pola mañá. Esta semana será o venres, día 5, ás 12. A seguinte semana, será outro día, xa que o venres 12 teño unha reunión.
Estade atentos ao grupo Clase de Maribé, que será onde poña os avisos con anterioridade.

Agora póñovos un video dun conto moi interesante que nos fala un pouco do que lle está a acontecer ao noso planeta. 
Espero que vos guste.



Algúns verémonos no colexio, aos que non, unha aperta moi grande.