viernes, 19 de junio de 2020


Ola familias:


Chegamos ao final deste curso tan diferente. Tivemos que adaptarnos a esta situación que non foi fácil para moitos.

Quero agradecervos a vosa dedicación, esforzo, axuda e sobre todo demostrar a confianza na miña tarefa educativa, antes e durante o confinamento.

Aprendemos outras cousas, nalgúns momentos foi un desafío diario, sobre todo para cumprir cunha obrigación a distancia.

Seguirei buscando e descubrindo as cousas boas, asombrosas e especiais dos vos@s nen@s.

Hai tantas situacións diferentes como alumn@s teño, cada un/unha é únic@ e especial.

Tod@s nos necesitamos. O curso escolar non se perde por unha parada temporal presencial. Xa reestruturaremos todo á volta. O importante foi adaptarnos, aprender, crecer...

Grazas tamén a Tania, a profe de prácticas, que estivo dúas semanas presenciais connosco, pero non deixou de traballar comigo ata hoxe.

Nen@s espérovos en setembro cunha mochila cargada de ganas de aprender e convivir.

        GRAZAS e unha aperta para tod@s.

Póñovos o vídeo de "El pez volador".

E remato tamén co vídeo de Federico García Lorca e o seu amigo Constantino.

  • El pez volador


  • Federico García Lorca


Un bico moi forte! Que pasedes unhas boas vacaciones e vémonos á volta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario