jueves, 30 de abril de 2020

Mañá é 1 de maio "FESTA DO TRABALLO", día moi importante para os traballador@s, para os que buscan traballo e para os que xa traballaron e xubiláronse.
Vós tamén sodes estudantes "traballador@s" para poder estudar e chegar a traballar na profesión que elixades.


Hoxe, póñovos o calendario do mes de maio. Están de aniversario (recordade que cumpleaños en galego é aniversario):


Comprobalo, porque me puiden equivocar.


Lémbrovos que o domingo, día 3, teño que ter no meu correo a tarefa do mércores 29, revisar o que é, só quero esa tarefa.

Poñerei na miña lista unha cruz a quen mo mande e o luns chamarei a quen non mo mandou 
por se necesita axuda.


No mes de maio tédesme que mandar as tarefas de cada día ao meu correo.

En maio tamén comezamos as videoconferencias.

Avisaríavos o día anterior.
            
            Ata o luns


miércoles, 29 de abril de 2020

Ola a tod@s:

Hoxe mando unha ficha de lingua. Mañá poñerei un calendario de maio e os aniversarios (cumpleaños) para que os apuntedes. Eu apuntareinos na miña axenda para non esquecerme.

Traballar para ter todo ao día.

A ficha de hoxe non se imprime, cópiase, teño que valorar e anotar como mellorastes a caligrafía. Tedes que mandala ao meu correo antes do domingo. Ata o 3 de maio tedes moito tempo.


Eu vou facer a miña táboa do 100 para as videoconferencias, así que todos a traballar.

Unha aperta a tod@s! Ata mañá.

martes, 28 de abril de 2020

Ola nen@s:

Que tal vai o conto de onte? Xa sabedes que pode ser fantástico, pero prefiro, sin violencia.
Hoxe os poño unha ficha de matemáticas e outra de ordenar palabras.
  • Lingua.

  • Matemáticas.



NOTA IMPORTANTE:
A todas as familias comunícovos que o equipo de orientación do colexio comparten recursos de lectura, escritura, aplicacións interesantes este é a ligazón.

https://orientacionpondal.blogspot.com/

Moitos bicos e unha aperta!

lunes, 27 de abril de 2020

Ola nen@s:


Esta semana ten só catro día, o venres é festivo e ademais comeza o mes de maio.

Durante esta semana falarei con todas as familias para saber que tal levades o traballo que vos poño.

En maio verémonos as caras e falaremos, preguntarei, preguntaredes...
Faremos cálculo coa táboa do 100 e será máis entretido.
Tentarei ter todo ordenado porque non os teño a vós para que me atopedes o que non puxen no seu sitio.

Hoxe vouvos poñer un conto que tedes que imaxinar vós. (En castelán)

Lembrade que o título o podedes poñer ao principio ou ao final, segundo como se desenvolva a historia (que non teña moitas palabras)

                 TÍTULO
            -----------------           

Hace muchos,muchos años existía un--------------------------------------------------------
--------------------------------------------.
En este lugar había también-----------------------------------------------------------------------------------------------------------.
De repente sucedió algo inesperado----------------------------------------------------------------------------------------------------.
Por fin todo se resolvió cuando-------------------------------------------------------------------------------------------------------.
Y cuento contado,cuento acabado.

Este conto ten que estar rematado para o luns 4 de maio. Xa sabedes que tanto os grandes pintores como os grandes escritores non teñen porque facer as súas obras nun día, van facendo outros traballos, polo medio, diferentes: ler, axudar a familia, rematar traballos atrasados, xogar...

Eu sigo escribindo na axenda as cousas que teño que facer, e cando as remato as marco cunha cruz vermella. Por certo! teño que apuntar que nen@s cumplen anos en maio.

             Bicos e ata mañá

viernes, 24 de abril de 2020

Ola outra vez!

Como xa sabedes, queda pouco para que poidamos saír á rúa. Por iso, queremos compartir con todos vos un conto no que se explica moi ben que medidas temos que tomar para poder disfrutar dun pouco de tempo fora da nosa casa.

Recordade que a hixiene é moi importante así que non vos esquezades de lavar ben as mans e non tocar todo cando esteades fora.


Coma sempre, esperamos que vos guste!

Un bico moi grande e bo fin de semana!

Ola nen@s:

Hoxe é venres, repasade todo o dos outros días e rematar o atrasado.

Despois un pouco de exercicio (Educación Física).


En maio xa sabedes que nos veremos en videoconferencias, falaremos, leeremos, faremos cálculo mental... e tamén todo o que se vos ocorra.



E preguntarei por Almirante, que eu me deixei o libro en clase.


Que despistada son!!!!
                     
                Un bico enorme              

jueves, 23 de abril de 2020

Ola nen@s:


23 de abril "DÍA DO LIBRO".

Ler lévanos a lugares inimaxinables, a soñar cos ollos abertos, a viaxar sentados no sofá, a vivir moitas aventuras...

Por iso tedes que ler todos os días para adquirir velocidade lectora e poder chegar a ser uns grandes lectores.

Ademáis traballaremos un pouco máis coa táboa do 100 e faremos unha ficha moi sinxela de lingua.
  • CÁLCULO

Recordade o ascensor co que traballamos na clase. Cara arriba son 10 menos e para abaixo 10 mais!
  •  LINGUA

OLLO! As frases sempre comezan con maiúscula e rematan en punto.


Por último deixámosvos unha canción moi bonita para celebrar o día de hoxe (Día do Libro). Esperamos que vos guste.


Que teñades bo día! Ata mañá!


Maribé e Tania

miércoles, 22 de abril de 2020

Ola nen@s:

Que día é hoxe? Mércores, 22 de abril, o meu número favorito. Se abril ten 30 días, hai 8 días antes de que remate o mes.

Na clase veríamos que na táboa do 100 hai 8 saltiños do 22 ao 30.

Antes de finais de abril, falarei de novo coas nais e pais para que me digan como está a traballar cada un.

Con calma, pero TRABALLANDO!!!!

En maio teremos días de videoconferencias e xa nos veremos as caras. Qué ganas teño de veros!!!!

Traballo de hoxe:
  • CÁLCULO.


RECORDADE!! O crocodilo sempre ten a boca aberta para o número máis grande.
  • LINGUA.

Os que non podades imprimir facedes o debuxo dos gatos e poñedes o nome debaixo. Ademáis debedes de facer o último exercicio. Xa sabedes, os debuxos non teñen que estar perfectos. Cando Maribé os fai na pizarra non son iguais á imaxe.

Hoxe é o "Día de la Tierra". Despois de mirar este video que queremos compartir con vós, facedes un bonito debuxo, demostrando o gran artistas que sodes todos!


Esperamos que vos guste!

Moitos bicos a todos de parte de Maribé e Tania.




martes, 21 de abril de 2020

Ola nen@s:

Imaxino que fixeches a poesía da cegoña, sen esquecer as admiracións, e logo recitala diante de alguén, despois de lela algunhas veces.

O vídeo do conto "Mi héroe eres tú" xa teremos tempo de comentalo máis adiante.

Quero que cada un envie ao meu correo electrónico (maribeadan@gmail.com) o acróstico que fixo.

As fichas de hoxe son as seguintes:
  • CÁLCULO

  • LINGUA

Se non a podedes descargar non pasa nada, non vos preocupedes. Podedes facer os debuxos, deste xeito tamén aprendedes a debuxar os estados de ánimo

Ademáis, se a alguén lle sobra tempo e quere traballar un pouco máis pode buscar moitas fichas en internet do que máis lle guste.

Moitos bicos e a traballar!

lunes, 20 de abril de 2020

Aquí vai a sorpresa que vós prometín!

Escoitade o conto con atención que despois faremos preguntas sobre a historia.



Este conto está basado "Mi héroe eres tú. ¡Como pueden los niños luchar contra el COVID-19!" de IASC.



Desexo que vos guste moito! Ata mañá!

Moitos bicos de Maribé e Tania.
Bos días nen@s:

En primeiro lugar, deséxovos unha boa semana para tod@s.

Hoxe, luns, vou poñervos primeiro unha poesía para ler e copiar (recordade un verso en cada liña)

Onte xa enviei a miña lectura acróstica para o día do libro, 23 de abril.

Os poden gravar lendo o voso acróstico (non ten que rimar) ou outra poesía, tedes as indicacións no tokapp que mandaron.

O enderezo electrónico:
biblioeduardopondal@gmail.com

Vou coa poesía de hoxe (en castelán)

              LA CIGÜEÑA
La cigüeña
ya ha llegado
y hace su nido
muy alto.
La cigüeña
está en la torre
y nos mira
desde allí.
¡Ven aquí
cigüeña linda!
¡Quédate quieta ahí!
No te muevas
ni un momento.
¡Deja que te mire así!
            María A.Domínguez

O nome do final é o da autora do poema.

Máis tarde (no día de hoxe) teño unha sorpresa para todos.

Ata logo.



viernes, 17 de abril de 2020

Ola nen@s:

Chegou o venres con Educación Física, así que terminade iso que temes atrasado.

Non vos esquezades de Almirante.

Se hai alguén que ten todo feito e quere seguir traballando que copie algunha poesía ou algo que vos gustou do libro de "Almirante" e facédelle un debuxo.

Bo fin de semana!! Ata o luns.

Bicos de Maribé e Tania.

jueves, 16 de abril de 2020

Ola nen@s:

Hoxe é xoves, tachar (riscar) o día no calendario e controlar o día anterior e posterior.
              Anterior = onte
              Posterior = mañá

Podedes facer unha rutina oral mentres vos preparan o almorzo, vestídesvos...

A rutina é contar dende o 99 cara atrás, sempre diante de alguén, para que vos corrixan, apuntades ata que número chegastes e seguides o día seguinte.

Hoxe ides facer oracións con palabras desordenadas e unhas fichas de matemáticas.
Todo sen présa, pero facéndoo. 


  • Lingua.


Tede en conta que as oracións comezan con maiúscula e rematan sempre en punto. 

Ollo! Acordádevos do bos conductores que sodes! Non vos saiades das dúas líneas.
  • Matemáticas.




RECORDADE!! Tódolos números escríbense con "v".

Ademáis de que...  1 Decena = 10 Unidades.

Moitos bicos de Maribé e Tania.

miércoles, 15 de abril de 2020

Hola niñ@s:
En las tres fichas que os mandé el
14 de abril, en la serie que hay que sumar 5 el último número es 45 y no 55.
Ya veis que todos tenemos fallos.


Esta vez os escribo en castellano,

por eso, el hola del saludo es con "h".
En castellano:hola = saludo
               ola = de mar


Un beso de Maribé.           
Ola nen@s:

Hoxe vouvos a mandar un conto que tedes que ler acompañados dun familiar, unha parte é para vós e outra para os maiores (adultos). Buscades entre vós un momento tranquilo para

lelo.


Póñovos tamén unha ficha de ordenar números, si tedes diante a táboa do 100 é máis fácil.



Non vos esquezades de gardar todo no sobre grande (que pesada son lembrando sempre o mesmo).


Moito ánimo! Un bico de Maribé e Tania

martes, 14 de abril de 2020

Ola nen@s:
Que tal estas diferentes vacacións de Semana Santa? Imaxino que coma eu, uns momentos alegres, outros aburridos, recordando aos amigos... Hoxe é martes, 14 de abril, imaxino que xa tacharíades ata o 13 no voso calendario.

Empezamos o terceiro trimestre e por agora temos que seguir en casa polo virus que xa coñecedes polo conto "Bailaremos bajo una estrella".
Oxalá nos podamos volver ver antes de que remate o curso. Pero mentres hai que traballar para seguir aprendendo moitas máis cousas.

Hoxe imos inventar unha poesía cos nosos nomes en vertical. Empezo eu (en castelán).

Mañana
Al amanecer
Reiré, cantaré
Imaginaré.
Besos y abrazos
Eternos para todos.
                     *Eternos:que nunca se
                              acaban.

Agora facedes un co voso nome (obrigatorio).
Noa, Leo, Lía e Teo poñer tamén o primeiro apelido, xa que o voso nome é moi cortiño.
Teo é o que máis vai escribir, porque ten o apelido máis longo (pode axudarte Leire).

Quen queira despois  pode facelo co nome de familiares, amigos, mascotas...ten que destacar ben a primeira letra do nome que elixades, MARIBÉ nótase ben en vermello, vós como queirades, que sodes uns artistas.

A min gústame moito esta actividade, cando volvamos a clase lembrarme facer estas poesías entre todos (pero sempre levantando a man para falar).
O que acabades de facer chámase acróstico, palabra rara, pero vós xa aprendistéis, sodes xeniais.

Agora imos facer unhas series numéricas moi faciliñas.






Lembrade que os mestres de Educación Física e de Inglés están engadindo tarefas no seu apartado.

Ata mañá! Moitos bicos de Maribé e Tania.

  

lunes, 13 de abril de 2020

Queridas familias:
Antes de comezar o terceiro trimestre, quero darvos ánimo e apoio a tod@s nestas circunstancias que estamos a pasar.

O importante é seguir en contacto cos nen@s tratando de que sigan facendo traballos vinculados ao que aprenderon ata o de agora.

Poñerei actividades e lecturas das que poidan extraer aprendizaxes. Algúns precisarán axuda, outros se equivocarán, outros o farán ben... o importante é que teñan unha rutina e sexan responsables das tarefas que teñen que facer. E sobre todo "valorar" os traballos que fan.

O máis importante é consolidar os contidos dados.

Aquí estou para o que necesitedes, tedes o meu correo, teléfono e tokapp.
Non dubidedes en poñervos en contacto comigo.


               Un saúdo de Maribé

jueves, 2 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe é o último día, cando teríades que levar o libro 2 de PIEZAS asinado por Rasi, a carpeta...

As cousas son diferentes. Eu acórdome moito de Rasi e de Dulcita, pero estarán a xogar e falar das súas historias, tamén sen sair da clase, como nós da casa.
Hoxe podedes imprimir ou que vos copien

"BAILAREMOS BAJO UNA ESTRELLA" da ligazón do día 30 de marzo, despois o ledes coma unha 
poesía e podedes organizar un recital en casa.

Eu tamén estarei de vacacións lendo libros, ordenando... todo o día na casa darame tempo a facer moitas cousas.

Recordade que todo o que fixestes e fagades no futuro(que sexa en papel) gardádeo no  sobre grande de plástico.

Pasalo moi ben nestas vacacións e ata o 14 de abril.


     Un bico aéreo para tod@s.


miércoles, 1 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe comeza o mes de abril. Despois póñovos un calendario, imprimídelo ou o copiades poñendo os días enriba (castelán ou galego). Lembrade que xoves e venres é con "v" e sábado con "b" para acordarse de Maribé, iso era antes de ter que estar en casa.


Este mes creo que non hai ninguén de cumpleanos (se non me equivoco) pero teño que felicitar a Yaiza que estivo o 22 de marzo (o meu número favorito:os dous parruliños) e non me dei conta porque non tiña o póster da aula na casa.


MOITOS    BIQUIÑOS   AÉREOS, YAIZA.


Hoxe é mércores, facer sempre a rutina de que día foi onte e de que día será mañá e tachades o día cando pase.




Hoxe póñovos o crocodilo, lembrade que a boca come o número maior.       



A ficha que debedes facer tendo en conta a imaxe do crocodilo.


Ademáis, deixovos unha ficha na que debedes ler con atención o texto e responder ás cuestións que aparecen.



Unha aperta moi grande. Moito ánimo!

Maribé e Tania.