viernes, 29 de mayo de 2020

Ola nen@s:

O luns, xa será o mes de xuño.

Recordade que ese día é cando as vosas familias teñen que ir ao colexio para recoller libros, carpeta... dacordo co horario feito.

Se levásemos un curso normal en xuño xa non teríamos clase pola tarde.

Así que repasade se os falta algo por facer.

Se queredes tamén sabedes que podedes consultar o blog de orientación

Dende o luns hai que, pouco a pouco, ir rematando o libro de galego e o de PIEZAS que quedan poucas follas.

As videoconferencias, xa os poñerei, teño que apuntar na miña axenda as reunións que vou ter no colexio cos demais profesores.

Serán videoconferencias que nos fagan pensar, disfrutar, conversar...

Disfrutade do fin de semana.

  
                   Un  bico 

jueves, 28 de mayo de 2020

Ola nen@s:

O luns xa teredes en casa todo o que vos quedou en clase.

Hoxe pola tarde poñerei as claves das videoconferencias do venres. Nelas falaremos  de como organizaremos as tres semanas que quedan de xuño. Xa sabedes que en xuño non habería clase pola tarde.

Lémbrovos que o libro de Almirante é do colexio, se o acabastes traédelo porque será para os nenos de primeiro do ano que vén. Non o perdades! Podedes traelo en setembro.



Ata mañá.




martes, 26 de mayo de 2020

Ola nen@s:


Hoxe, mércores, póñovos unha canción infantil moi antiga recuperada por Federico García Lorca titulada "La tarara".

Ten a súa orixe ao parecer en Soria, buscala no mapa de España de onte.
A canción fálanos dunha muller que lle apetece pasear polos campos bailando, gústalle a liberdade de facer iso e outras cousas aínda que rían dela porque non a comprenden.

NON HAI QUE ESCRIBILA, pero podedes cantala e debuxala (a quen a debuxe lle poño un moi ben, pero non é obrigatorio). 





Para coñecer un pouquiño máis sobre Federico García Lorca, ides ver un vídeo que dura moi pouco donde nos conta a súa vida.



Ata mañá! Escoitade moi atentos os videos e leede moito. Un bico
Parabéns Noa!!!!!

Ola nen@s:
Hoxe póñovos o mapa de España. Nós estamos na provincia de Pontevedra, arriba, a esquerda.
Tedes que buscar a provincia de Granada, onde naceu Federico García Lorca. Douvos unha pista, está abaixo e percorremos toda España para chegar alí... que lonxe!!!!

     
Hoxe só tedes que escribir con letra uns números.

Matemáticas en castellano. Recordad que veinte y treinta llevan una "i" en el medio. Las familias del 10 y del 20 se escriben en una palabra. Después del 30 con una "y" en el medio.

93-..........................
75-..........................
52-..........................
31-..........................
14-..........................
86-..........................
28-..........................
67-..........................
49-..........................

      Descansade e ata mañá. Un bico

lunes, 25 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Menudo día de verán!!!!
Mañá as 12 e media felicitaremos a Noa.

ID-725 6105 6917

CONTRASEÑA-7uQGx3


   Ata mañá.Un bico.

Ola nen@s:


Última semana do mes de maio.

Hoxe poño a poesía de Federico García Lorca.

En xuño, contareivos as vivencias que une ao poeta de Granada cun familiar do noso compañeiro Jesús. Teño que estudar un pouco máis toda a historia.
Xa sabedes o que sempre digo, toda a vida é aprender cousas novas, e agora tócame a min ler para saber e despois podelas explicalas para a vosa idade.


Na última pregunta da ficha de matemáticas, a decena máis próxima a 23 é 20, porque chégase antes ao 20, o 39 está máis próxima ao 40. Quen teña problemas para entender, que o mande sen facer, que xa o explicarei eu particularmente ou na videoconferencias do venres.
Esta semana terei unha titoría telefónica con todas as familias.
Mañá poñerei as claves para felicitar o martes a Noa.

                   Un bico






viernes, 22 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Chegou o venres, día das videoconferencias.

Hoxe poño dúas fichas, o luns teñen que estar feitas. Canto tempo para facelas!!! Son moi sinxelas.




Ata mañá. Un bico.

jueves, 21 de mayo de 2020

Atención nen@s: 

Na pirámide para sumar 15+15 facedes 15+10=25 e despois +5 e xa da 30.

Non tería que poñer unha suma levando, podedes facela coa táboa do 100, pero si a poñedes en vertical, dese modo aínda non a expliquei.

Mañá falamos na videoconferencia.
Pola tarde poño as ID e contrasinais das videoconferencias.
A facer un horario para traballar, xogar, ler, debuxar, pasear...
              
               Un bico
Ola nen@s:


Xa é xoves. Mañá videoconferencias para ler a poesía de "Peces de papel" e algo máis que teño preparado.

Para hoxe, 2 fichas faciliñas.




NOTA: fijaros bien que en la ficha tuvieron un fallo. Falta "en" en medio de "quedarse" y "casa". 

Sería: "Carlos tiene mucha fiebre y tiene que quedarse en casa para curarse".

Os mestres da xincana mándanvos un vídeo para animarvos a participar


Un bico moi grande

martes, 19 de mayo de 2020

Parabéns Román! Que cumplas moitos máis!


Unha aperta e un bico moi forte.
Ola nen@s:

Hoxe, mércores 20, ás 12:30 felicitaremos a Román.

Poño unha ficha de lingua e ademais tedes que escribir con letra os números que vos poño.

Os números do 10 ao 30 escríbense xuntos, nunha palabra, pero a partir do 30 é cunha "y" no medio e separados.

18 - dieciocho
25 - veinticinco
34 - treinta y cuatro
15 - ..................
82 - ..................
61 - ..................
43 - ..................
27 - ..................
99 - ..................
76 - ..................


            

Os deixamos tamén un video sobre como debemos coidar o noso planeta. A ver se vos gusta!



Un bico moi grande!

lunes, 18 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Hoxe, martes, mándovos a poesía que tedes que recitar o venres.

A poesía está nun debuxo moi bonito escrito sobre ondas do mar.

Tedes que copiala para lela e así tamén practicades caligrafía.

A que mandedes non ter que estar como o debuxo da ficha.

Ademais facedes unha ficha de restas moi sinxela.

Pola tarde, mándovos o ID e a contrasinal da videoconferencia de mañá, día 20, para felicitar a Román. Será ás 12 e media.




Feliz día e a facer as fichas.

                                                       Un bico 
Parabéns Kira! Xa tes 7 anos!


Vémonos todos as 12:30
Os profes de música, educación física, valores, inglés... que tamén os dan clase propóñenvos unha moi divertida xincana.



INSTRUCCIÓNS da XINCANA
1º PRIMARIA

Tendes dende o  Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6 retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte! Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando remates todas as tarefas envíame un correo a ranipaz73@gmail.com, para conseguir o teu premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!

1.  Constrúe un instrumento con materiais de reciclaxe, e mandádello a marivilas59@gmail.com
2.  Mandade unha foto ou video falando EN INGLÉS da roupa que máis vos puxestes nestes días de confinamento, para ranipaz73@gmail.com
3.  Deseña o pixama dos teus sonos, decorado con cores, collage... para ranipaz73@gmail.com
4.  Para lograr a coroa en Valores Sociais e Cívicos teredes que contarnos mediante unha serie de debuxos como estades a vivir este confinamento e que agardades que suceda nun futuro. Debedes explicar os vosos debuxos nun audio para que os demáis non perdamos detalle do que nos queredes contar!!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
5.  “Que non Caia!” Debedes inflar un globo con bastante aire, atalo para que o aire non saia e… conseguir dar dez golpes ao globo sen que se caia ao chan!!! Os golpes deben ser coa man, da o mesmo pechada ou aberta. Ánimo, sei que moitos de vos o conseguirán á primeira!
6.  Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal  
7.  Escollede 2  ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a   oteromiguelez.lucia@gmail.com



Ola nen@s:

Empeza unha nova semana. Hoxe ás 12 e media felicitaremos a Kira e o mércores a Román.

O venres videoconferencia para recitar unha poesía que xa vos poñerei.

Hoxe póñovos como se escriben as decenas e as copiades:

10-diez
20-veinte
30-treinta
40-cuarenta
50-cincuenta
60-sesenta
70-setenta
80-ochenta
90-noventa
100-cien

Recordade:os números sempre con "v" .

Despois de pregunta con maiúscula e rematado en punto.

Ata logo. Un bico.

viernes, 15 de mayo de 2020

Nota importante:

Se tedes algunha dúbida comentádesma na 
videoconferencia.
             
                 Ata despois
Ola nen@s:

Xa é venres, antes ou despois da videoconferencia tedes que facer estas dúas fichas.
  • Matemáticas.

  • Lengua.

Un bico

jueves, 14 de mayo de 2020

Ola nen@s:
Hoxe mando unha ficha de comprensión lectora e outra da táboa do 100. Tentar facela sen a táboa diante e despois comprobades.

Pola tarde mando o ID e a contrasinal para as videoconferencias de mañá.

Quérovos coa poesía na man para recitala.
  • Lingua.
  • Matemáticas. 

Un bico e ata mañá

miércoles, 13 de mayo de 2020

Ola nen@s:
Hoxe póñovos unha poesía que tedes que recitar o venres.

Quero tamén que a copiedes nunha folla, mellor raiada ou cuadriculada, para seguir a estrada (carretera).




Cada un ao seu ritmo, pero traballando.

O venres hai que facelo con soltura, por iso hai que practicar, diante dun espello, diante dun familiar...

A organizarse, contade en alto do 100 para 

atrás de 1 en 1, de 2 en 2...

            Un bico

martes, 12 de mayo de 2020

FELIZ  DÍA, IRIA

Ola nen@s!

Hoxe, as 12:00 estaremos todos conectados para para felicitar a Iria.

Póñovos un corto no que un avó é un inventor de nubes e o seu neto quere aprender como o fai. 

Neste video imos darnos conta da importancia de aprender moito dos nosos erros, ademáis de ser creativos e ter grandes ideas. 

Moitas veces as grandes ideas creativas son o resultado de "erros".


lunes, 11 de mayo de 2020

Boas tardes nen@s:

Mañá ás 12, reunión de tod@s para darlle os parabéns a Iria. Podedes facer unha pequena felicitación para ela e mostrarlla mentres cantamos "CUMPLEAÑOS FELIZ".

Eu tamén farei unha, con letras grandes, porque xa sabedes que debuxar non se me dá moi ben.

            Bicos para tod@s 
Ola nen@s:

Hoxe é luns, comeza a semana. Pola tarde mandareivos o ID e contrasinal para a videoconferencia que teremos mañá para cantarlle a Iria polo seu aniversario.

Poño dúas fichas moi sinxelas.

Pero ir poñéndovos ao día e mandarme as fichas feitas ao meu correo.



viernes, 8 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Hoxe é o día das videoconferencias.

Mándovos só unha tarefa entretida.

Tedes que seguir os pasos para debuxar o gato da ficha. Tedes tempo ata o luns e os que teñan algo atrasado que o fagan.

Feliz fin de semana e coidarvos moito.




O debuxo grande e ben coloreado.

Moitos bicos.

jueves, 7 de mayo de 2020

Ola de novo nen@s:


Mañá temos videoconferencias en 3 quendas (turnos).

Comentaremos as emocións feitas na ficha de hoxe. Falaremos de un en un e quen queira pode recitar a poesía dos peixes, pero con soltura.

Pola tarde mandarei ao grupo da clase de Maribé as contrasinais.

Teño moitas ganas de vervos!!!!
Ola nen@s:

Hoxe poño unha ficha de cálculo e outra un pouco máis divertida. 

Cunha moeda de 2 euros, ou sen moeda, facedes as caras e poñedes o nome da emoción debaixo, elexides  neno ou nena. 

Aconsello facer de unha en unha. Facedes a primeira cara e poñedes o nome da emoción debaixo, despois outra cara e seguides así coas demais. Poden ocupar máis dun folio, depende do tamaño que fagades as caras, pero hai que poñer o nome da emoción debaixo.




Como xa sabedes, debedes de mandalo ao meu correo electrónico. Xa teño ganas de ver os vosos debuxos!

Unha aperta e ata mañá!

miércoles, 6 de mayo de 2020

 Ola nen@s:

Hoxe é mércores, recordade sempre, riscar o día anterior no calendario, e facer a rutina do día anterior e o día posterior.

Hoxe poño unha poesía e quen quera o venres a recita,pero tedes que preparala para ser grandes oradores.
CINCO  PECES
Tengo cinco peces
¡Qué bonitos son!
Cada uno tiene
distinto color.
Uno es amarillo,
otro es azulón,
otro color verde
y el otro salmón.
El más pequeñito, 
que nada mejor,
de ese no se sabe
cuál es su color.

Esta poesía ten 12 versos, recordade cada verso nunha liña. O título é " Cinco peces "

A palabra salmón da poesía é unha cor parecido ao rosa alaranxado, non é que teña un peixe salmón na peceira. 

Recordade! Empezade a sumar polas unidades e leede en voz alto o resultado.

Estades traballando moito, seguide así! Moito ánimo a tod@s.

Un bico moi grande

martes, 5 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Fíxome moita ilusión vervos a todos. Houbo algúns fallos técnicos, pero comentáronme que en moitas conexións pasa o mesmo, así que esperemos que a seguinte salga sen case ningún fallo.

Farémola o venres, así que o xoves mandareivos as claves.

Non vos esquezades de mandarme as fichas ao correo, non as acumuledes. O sábado fago reconto de todas as da semana.

Hoxe mando unha de comparar números e outra de ordenar palabras para formar frases.

A próxima semana a reunión será o martes, todos xuntos, para cantarlle a Iria polo seu aniversario.
  • Lingua.
  • Matemáticas.

Que teñades  un bo día! Ata mañá.

domingo, 3 de mayo de 2020

Ola nen@s:


Hoxe comezo as videoconferencias.

Aínda así mando un traballo mínimo, non quero sobrecargar, recoñezo que algúns necesitan acompañamento nas súas tarefas. Cada un ten que ir ao seu ritmo, seguindo un horario e un esforzo para alcanzar os mínimos obxectivos dos dous primeiros trimestres. 

Despois de facer o traballo MANDÁDESMO para anotalo na miña folla de traballos entregados.

Para as videoconferencias convócovos o día anterior por medio do grupo da clase de Maribé. Se alguén ten algún problema que mo comunique. 

As videoconferencias, en principio, serán dous días á semana.

Agora poño a ficha que debedes facer hoxe.É moi sinxela, soamente debedes cubrir ben con br o bl.

Un bico moi grande.