lunes, 1 de junio de 2020

Ola nen@s:

Aquí tedes o mes de xuño

O día 19, venres, damos vacacións.
Recordade que o 28 é o cumple de Lois, lembrade felicitalo. 
Xa avisarei cando teñen que vir as familias a buscar o boletín de notas, antes teño que reunirme cos demais profesores para poñelas.  

As videoconferencias serán todos xuntos e pola mañá. Esta semana será o venres, día 5, ás 12. A seguinte semana, será outro día, xa que o venres 12 teño unha reunión.
Estade atentos ao grupo Clase de Maribé, que será onde poña os avisos con anterioridade.

Agora póñovos un video dun conto moi interesante que nos fala un pouco do que lle está a acontecer ao noso planeta. 
Espero que vos guste.



Algúns verémonos no colexio, aos que non, unha aperta moi grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario