martes, 31 de marzo de 2020

Ola nen@s:
Para os que xa chegastes á ficha de restas das baleas,na primeira ficha hai un erro.
Xa sabedes que nunha resta o número de enriba ten que ser maior que o de abaixo.
Cando atopedes o erro en vez dun dous poñedes un oito.
Ser detectives e atopalo !!!
Se xa a fixestes a correxides.
A equivocación tamén é unha fonte de aprendizaxe.Teño que estar máis atenta ás fichas que descargo.
Grazas a persoa que avisa dos erros.
Na clase sodes vós.

             Un bico de boas noites
                             
Bos días:
Lembrade que hoxe é o último día do mes de marzo, mañá xa comeza abril.

Hoxe vouvos a ensinar as partes dun conto.

Fágovolo en castelán.

Aprendo a escribir un cuento:

1.Presento a los personajes.
2.Cuento sus aventuras.
3.Explico cómo acaban sus aventuras.


Falta el TÍTULO pero si el cuento es libre lo podéis poner al principio o al final, según como vayan desarrollándose las aventuras.

Comienzo mi cuento, el título lo inventáis vosotr@s.


1.María cumplirá pronto siete años. Le encantan los cuentos de aventuras espaciales. Lee cuentos y ve películas que tratan de este tema.


2.Una tarde estaba viendo una película de seres de otra galaxia. En el momento más interesante, uno de los protagonistas salió de la pantalla.La cogió de la mano y la invitó a visitar su planeta.


3.María recorrió lejanas estrellas y conoció personajes muy diferentes. Todavía hoy se acuerda de ellos y desearía volver a verlos.

        
Ahora os inventáis un título, que no tenga más de cuatro palabras.Aunque yo he leído libros con títulos muy largos. Pero para empezar llega con no muchas, el título no es el resumen del cuento.


Hoy sólo tenéis que leerlo.


Ahora una ficha de la tabla del 100.






Como podeis recordar, en una entrada anterior os facilité la tabla de 100 para que os resulte más sencillo.

¡Hasta mañana!


lunes, 30 de marzo de 2020

Ola a tod@s:
Esta semana ten catro días, xa que o venres comezamos estas "diferentes" vacacións de Semana Santa.
Vacacións que teremos que pasar todos na casiña.
Hoxe poño unhas fichas (sen présas) e un conto para coñecer mellor as causas de ter que estar na casa.

A través deste enlace podedes acceder ao libro que vos mencionei. É moi interesante!



As fichas son as seguintes:




Recordade! Se non podedes imprimilas facelas nun folio aparte, o importante é saber resolvelas.

Moito ánimo!! Pronto estaremos de volta na escola!

Un bico e unha aperta de Maribé e Tania.

viernes, 27 de marzo de 2020

Como a min gústanme tanto as historias, quero compartir convosco unha nova versión dun coñecido conto que se titula "El monstruo de colores".
Nesta ocasión explícanos o motivo polo cal é moi importante quedar na casa estos días.



Esperamos que vos guste.
Bos  días nen@s  e familias:

Hoxe é venres e non vou poñer moito traballo.

Lembro que había Educación  Física, así que poño unha manualidade.

Non vos olvidedes de ir pouco a pouco rematando os traballos.

Aquí vai a imaxe da manualidade, podedes imprimila quen dispoña de impresora. Outra opción é copiala.



Para as posibles dúbidas, aquí vai o titorial dos pasos a seguir.



Unha aperta moi grande da nosa parte. 

Ata o luns.


Maribé e Tania

jueves, 26 de marzo de 2020

     Ola a tod@s:
Hoxe, xoves, vouvos a poñer unha ficha que tedes que completar coa vosa imaxinación.


Tamén dous de cálculo, sen presa, pero facéndoas no voso horario de traballo.

  • Actividade 1.

Empregando a vosa imaxinación e tendo en conta as imaxes desta viñeta, completa os enunciados que aparecen debaixo. Trátase de elaborar un conto inventado.




         TÍTULO:-----------------

Aquí estoy para contarte la historia de 
---------------------------------------
---------------------------------------.

Un día --------------------------------
---------------------------------------.

Después--------------------------------
---------------------------------------.


Al final-------------------------------
---------------------------------------.

Y fueron felices y comieron-----------.


  A facedes en papel, con coidado de poñer
maiúscula ao principio e despois de punto. 


  • Actividade 2.



IMPORTANTE! Recordade empezar as restas polas unidades!!

Un bico e unha aperta aérea de parte de Maribé e Tania.


miércoles, 25 de marzo de 2020

Ola nen@s e familias:
Non sei como van os traballos, pero hoxe só vou poñer dúas manualidades e unha ficha da táboa do 100.

Se non podedes imprimila, da igual, a facedes, pedindo axuda, e se os cadrados non saen perfectos, non importa, porque a min tampouco me saen. O importante é o cálculo.
Estes traballos non son para facer hoxe.

O meu horario é pola mañá preparar e buscar que poñer e agora pola tarde poñelo para vós.

Non vos olvidedes de Almirante.

  • MANUALIDADE 1


Por si tendes algunha dúbida aquí está o video cos pasos a seguir:


  • MANUALIDADE 2


  • FICHA 



Un bico moi grande

OLLO!! A ficha da tabla do 100 ten unha errata, debaixo do 24 tería que poñer 34.

martes, 24 de marzo de 2020

Recordade que tamén tedes un blog de INGLÉS para a Primaria.
Para os máis madrugadores,recordar
a canle Clan de 9 a 10 da mañá.

      Boas noites e un bico.
Bos  días nen@s  e  familias:
Como sei que vos  gusta  moito  recitar e usar o  atril, propóñovos que copiedes esta poesía e a recitedes entonando ben a pregunta.

Co conto do "PEZ  VOLADOR", as  poesías das aves e outras máis que irei poñendo xa faremos un gran recital para mamás, papás, familiares, amig@s...

E  POR  QUE?
E  por  que  a  terra  é  redonda?
E  por  que  hai  días  e  noites?
E  por  que  sobe  a  marea?
E  por que  sopra  o  vento?
E  por  que  cantan  os  merlos?
E  por  que  flotan  os  barcos?
E  por  que  voan  as  aves?
E  por  que  a  estrela  ten  brillo?
E  por  que  hai  nenos  con fame
se  me  sobra  bocadillo? 

Hoxe, gustaríame que o día transcurrise dun xeito máis dinámico. Por iso propoño que fagades uns experimentos moi sinxelos e que observedes que é o que acontece.


  • A AUGA QUE CAMIÑA
A auga ten unha propiedade un pouco descoñecida, que se denomina capilaridade. Trátase da capacidade que ten de avanzar dun lugar a outro empregando distintos canles.
Neste experimento, ademáis de observar esta peculiaridade, imos traballar tamén a formación das cores secundarias.


Que precisamos?
  • 6 vasos.
  • Un pouco de colorante ou pintura de cor azul, vermella e amarelo.
  • Auga.
  • Papel de cociña.
Neste video podedes observar todo o proceso a levar a cabo para obter os resultados esperados. 


Que  aconteceu? Que cores obtemos?


  • A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA.
Que lle acontece a unha candea cando a tapamos?
Con este experimento imos observar algo moi peculiar.


Que precisamos?
  • Un prato fondo.
  • Auga.
  • Unha candea.
  • Un vaso transparente.
Este experimento é moi sinxelo. Só temos que poñer a candea prendida nun prato fondo con auga e tapala.



Saberíades explicar que pasou?

Espero que vos gusten estes dous experimentos! Non todo vai ser estudar .


IMPORTANTE

Todo o que mando non é para entregar á volta (así que non é necesario imprimilo).
O que sí debedes entregar é o que mandei no sobre grande e as poesías copiadas.

Recordo o meu email de volta: maribeadan@gmail.com

Un bico moi grande.


lunes, 23 de marzo de 2020

Ola familias:

Parto de que teño que atender ao ritmo e diversidade de cada nen@.

Eu mando traballo, pero recoñezo que os rapac@s teñen distintos niveis, habilidades...
En nen@s de 1º hai moitas diferenzas  na madurez deles (moitos necesitan axuda para as propostas que mando)
Xa sabedes o meu correo, ante calqueira dúbida, estou a vosa disposición.
Ao longo desta semana irei subindo diversas propostas de actividades para ir facendo pouco a pouco. 
Para hoxe propoño:
  • Un pouco de lectura.
Debedes ler con atención o texto e responder as cuestións que se propone. Xa sabedes, cantas máis palabras de resposta mellor está!

  • Un pouco de matemáticas.
Como xa somos todos uns expertos en poñer no funcionamento do ascensor, vimos engadir os números que van antes, despois, enriba e debaixo. 


Para facelo un pouco máis doado, déixovos unha tabla numérica que poderes consultar en caso de dúbida.


  • Un pouco de diversión.
Non todo vai ser estudar non? Ademáis, non podemos deixar de lado o noso proxecto, así que vos propoño facer esta manualidade. 
Xa sabemos que sodes tod@s uns artistas!
Á volta gustaría ver todas as hermosas aves que fixestes.



Non vos preocupedes! Se non podedes hoxe, mañá ou outro día!


Un bico dos que chegan ao corazón de Maribé e Tania, que aínda, non a coñecedes moito, pero as dúas participamos nestes traballos.

domingo, 22 de marzo de 2020

A primavera

CHEGOU  A  PRIMAVERA DE MANEIRA  

DIFERENTE.
Quero agradecer o traballo e o esforzo realizado polas familias nos tres pasados días lectivos.

Algúns rematarían as fichas, outros non, non pasa nada, o importante é que teñades unha rutina de tempo para traballar, xogar, debuxar, facer manualidades...

Haberá nen@s que xa descubriron coa lectura un elemento de goce persoal, haberá outros que prefiran escoitar pero sempre lendo el@s un pouco todos os días.

Mañá empezarei a mandar algún traballo, por si queredes ir cambiando de actividade.

RECORDO que RTVE emite a partir do luns 23

"APRENDEMOS  EN CASA" en el canal Clan.
É un programa novo (logo non teño referencias)

                    Boas noites de Maribé    

miércoles, 18 de marzo de 2020

Antes de sentarme no sofá a ler, ocorréuseme que poderíades copiar poesía da VENTÁ  que vos mandei, xa sabedes cada verso unha liña, e recitala todos os días, seguro que á volta  sabédela como uns grandes poetas. Eu tamén vou facelo.


Un bico de boas noites
Ola nenas e nenos:

Hoxe, mércores, rematamos esta semana lectiva tan "rara".


Que novas aventuras descubrichedes con Almirante?

Engado unha dirección onde podedes atopar xogos educativos

(sempre buscando 1º de Primaria)

     www.arbolabc.com


As fichas, pouco a pouco, pero facéndoas.

A vindeira semana seguiremos en contacto.


Un bico aéreo dunha pomba que vai no barco de Vigo a Cangas,

xa sabedes que gústame moito a fantasía.

A vindeira semana faredes un conto conxunto comigo.


Antes de despedirme, gustaríame compartir con todos vós un poema moi bonito. Espero que faga un pouquiño máis ameno estes días tan diferentes. 



Unha aperta moi forte de Rasi, Dulcita, Maribé e tamén de Tania 

(a profe de prácticas) que sigue en contacto comigo.

martes, 17 de marzo de 2020

Ola de novo!!

Que tal amiguiñas e amiguiños!?



Como entendo que poidan xurdir dúbidas de algún tipo relacionadas co traballo que se mandou, deixo a vosa disposición o meu correo persoal para realizar calquera tipo de aclaración pertinente.





maribeadan@gmail.com


Unha aperta de Rasi ,Dulcita e Maribé.

Ola nenas e nenos!

Bo día a todos!


Que tal levades estes días na casa? Espero que ben!

Estaredes todos a traballar nas fichas, verdade?

Estade moi atentos porque nos seguintes días irei poñendo máis información e suxerencias para que poidades continuar aprendendo!

Para que non vos quededes parados, Alberto, o mestre de Educación Física, plantexou unhas actividades para as nenas e nenos de educación primaria e tamén unha serie de retos diarios que poden resultarvos moi divertidos!

Ánimo e a seguir para adiante, unha aperta de Rasi ,Dulcita e Maribé.








viernes, 13 de marzo de 2020

Hola a todas las familias:

Espero que lo llevéis y os organicéis de la mejor manera posible.

El trabajo de las fichas poco a poco,la lectura de Almirante todos los días un pouquiño.

También tiempo para jugar ,ver vídeos educativos y disfrutar de la familia.

Un abrazo muy fuerte de Rasi ,Dulcita y Maribé.