Parto de que teño que atender ao ritmo e diversidade de cada nen@.
Eu mando traballo, pero recoñezo que os rapac@s teñen distintos niveis, habilidades...
En nen@s de 1º hai moitas diferenzas na madurez deles (moitos necesitan axuda para as propostas que mando)
Xa sabedes o meu correo, ante calqueira dúbida, estou a vosa disposición.
Ao longo desta semana irei subindo diversas propostas de actividades para ir facendo pouco a pouco.
Para hoxe propoño:
- Un pouco de lectura.
Debedes ler con atención o texto e responder as cuestións que se propone. Xa sabedes, cantas máis palabras de resposta mellor está!
- Un pouco de matemáticas.
Como xa somos todos uns expertos en poñer no funcionamento do ascensor, vimos engadir os números que van antes, despois, enriba e debaixo.
Para facelo un pouco máis doado, déixovos unha tabla numérica que poderes consultar en caso de dúbida.
- Un pouco de diversión.
Non todo vai ser estudar non? Ademáis, non podemos deixar de lado o noso proxecto, así que vos propoño facer esta manualidade.
Xa sabemos que sodes tod@s uns artistas!
Á volta gustaría ver todas as hermosas aves que fixestes.
Non vos preocupedes! Se non podedes hoxe, mañá ou outro día!
Un bico dos que chegan ao corazón de Maribé e Tania, que aínda, non a coñecedes moito, pero as dúas participamos nestes traballos.
Un bico dos que chegan ao corazón de Maribé e Tania, que aínda, non a coñecedes moito, pero as dúas participamos nestes traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario