Bos días nen@s e familias:
Como sei que vos gusta moito recitar e usar o atril, propóñovos que copiedes esta poesía e a recitedes entonando ben a pregunta.
Co conto do "PEZ VOLADOR", as poesías das aves e outras máis que irei poñendo xa faremos un gran recital para mamás, papás, familiares, amig@s...
E POR QUE?
E por que a terra é redonda?
E por que hai días e noites?
E por que sobe a marea?
E por que sopra o vento?
E por que cantan os merlos?
E por que flotan os barcos?
E por que voan as aves?
E por que a estrela ten brillo?
E por que hai nenos con fame
se me sobra bocadillo?
Hoxe, gustaríame que o día transcurrise dun xeito máis dinámico. Por iso propoño que fagades uns experimentos moi sinxelos e que observedes que é o que acontece.
Saberíades explicar que pasou?
Espero que vos gusten estes dous experimentos! Non todo vai ser estudar .
IMPORTANTE
Todo o que mando non é para entregar á volta (así que non é necesario imprimilo).
O que sí debedes entregar é o que mandei no sobre grande e as poesías copiadas.
Recordo o meu email de volta: maribeadan@gmail.com
Un bico moi grande.
- A AUGA QUE CAMIÑA
A auga ten unha propiedade un pouco descoñecida, que se denomina capilaridade. Trátase da capacidade que ten de avanzar dun lugar a outro empregando distintos canles.
Neste experimento, ademáis de observar esta peculiaridade, imos traballar tamén a formación das cores secundarias.
Que precisamos?
- 6 vasos.
- Un pouco de colorante ou pintura de cor azul, vermella e amarelo.
- Auga.
- Papel de cociña.
Neste video podedes observar todo o proceso a levar a cabo para obter os resultados esperados.
Que aconteceu? Que cores obtemos?
- A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA.
Que lle acontece a unha candea cando a tapamos?
Con este experimento imos observar algo moi peculiar.
Que precisamos?
- Un prato fondo.
- Auga.
- Unha candea.
- Un vaso transparente.
Este experimento é moi sinxelo. Só temos que poñer a candea prendida nun prato fondo con auga e tapala.
Saberíades explicar que pasou?
Espero que vos gusten estes dous experimentos! Non todo vai ser estudar .
IMPORTANTE
Todo o que mando non é para entregar á volta (así que non é necesario imprimilo).
O que sí debedes entregar é o que mandei no sobre grande e as poesías copiadas.
Recordo o meu email de volta: maribeadan@gmail.com
Un bico moi grande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario