Ola nen@s:
Hoxe, mércores, póñovos unha canción infantil moi antiga recuperada por Federico García Lorca titulada "La tarara".
Ten a súa orixe ao parecer en Soria, buscala no mapa de España de onte.
A canción fálanos dunha muller que lle apetece pasear polos campos bailando, gústalle a liberdade de facer iso e outras cousas aínda que rían dela porque non a comprenden.
NON HAI QUE ESCRIBILA, pero podedes cantala e debuxala (a quen a debuxe lle poño un moi ben, pero non é obrigatorio).
Para coñecer un pouquiño máis sobre Federico García Lorca, ides ver un vídeo que dura moi pouco donde nos conta a súa vida.
Ata mañá! Escoitade moi atentos os videos e leede moito. Un bico
No hay comentarios:
Publicar un comentario