Os profes de música, educación física, valores, inglés... que tamén os dan clase propóñenvos unha moi divertida xincana.
INSTRUCCIÓNS da XINCANA
1º PRIMARIA
Tendes dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6 retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte! Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando remates todas as tarefas envíame un correo a ranipaz73@gmail.com, para conseguir o teu premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!
1. Constrúe un instrumento con materiais de reciclaxe, e mandádello a marivilas59@gmail.com
2. Mandade unha foto ou video falando EN INGLÉS da roupa que máis vos puxestes nestes días de confinamento, para ranipaz73@gmail.com
3. Deseña o pixama dos teus sonos, decorado con cores, collage... para ranipaz73@gmail.com
4. Para lograr a coroa en Valores Sociais e Cívicos teredes que contarnos mediante unha serie de debuxos como estades a vivir este confinamento e que agardades que suceda nun futuro. Debedes explicar os vosos debuxos nun audio para que os demáis non perdamos detalle do que nos queredes contar!!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
5. “Que non Caia!” Debedes inflar un globo con bastante aire, atalo para que o aire non saia e… conseguir dar dez golpes ao globo sen que se caia ao chan!!! Os golpes deben ser coa man, da o mesmo pechada ou aberta. Ánimo, sei que moitos de vos o conseguirán á primeira!
6. Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
7. Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a oteromiguelez.lucia@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario