martes, 5 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Fíxome moita ilusión vervos a todos. Houbo algúns fallos técnicos, pero comentáronme que en moitas conexións pasa o mesmo, así que esperemos que a seguinte salga sen case ningún fallo.

Farémola o venres, así que o xoves mandareivos as claves.

Non vos esquezades de mandarme as fichas ao correo, non as acumuledes. O sábado fago reconto de todas as da semana.

Hoxe mando unha de comparar números e outra de ordenar palabras para formar frases.

A próxima semana a reunión será o martes, todos xuntos, para cantarlle a Iria polo seu aniversario.
  • Lingua.
  • Matemáticas.

Que teñades  un bo día! Ata mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario