jueves, 16 de abril de 2020

Ola nen@s:

Hoxe é xoves, tachar (riscar) o día no calendario e controlar o día anterior e posterior.
              Anterior = onte
              Posterior = mañá

Podedes facer unha rutina oral mentres vos preparan o almorzo, vestídesvos...

A rutina é contar dende o 99 cara atrás, sempre diante de alguén, para que vos corrixan, apuntades ata que número chegastes e seguides o día seguinte.

Hoxe ides facer oracións con palabras desordenadas e unhas fichas de matemáticas.
Todo sen présa, pero facéndoo. 


  • Lingua.


Tede en conta que as oracións comezan con maiúscula e rematan sempre en punto. 

Ollo! Acordádevos do bos conductores que sodes! Non vos saiades das dúas líneas.
  • Matemáticas.




RECORDADE!! Tódolos números escríbense con "v".

Ademáis de que...  1 Decena = 10 Unidades.

Moitos bicos de Maribé e Tania.

miércoles, 15 de abril de 2020

Hola niñ@s:
En las tres fichas que os mandé el
14 de abril, en la serie que hay que sumar 5 el último número es 45 y no 55.
Ya veis que todos tenemos fallos.


Esta vez os escribo en castellano,

por eso, el hola del saludo es con "h".
En castellano:hola = saludo
               ola = de mar


Un beso de Maribé.           
Ola nen@s:

Hoxe vouvos a mandar un conto que tedes que ler acompañados dun familiar, unha parte é para vós e outra para os maiores (adultos). Buscades entre vós un momento tranquilo para

lelo.


Póñovos tamén unha ficha de ordenar números, si tedes diante a táboa do 100 é máis fácil.



Non vos esquezades de gardar todo no sobre grande (que pesada son lembrando sempre o mesmo).


Moito ánimo! Un bico de Maribé e Tania

martes, 14 de abril de 2020

Ola nen@s:
Que tal estas diferentes vacacións de Semana Santa? Imaxino que coma eu, uns momentos alegres, outros aburridos, recordando aos amigos... Hoxe é martes, 14 de abril, imaxino que xa tacharíades ata o 13 no voso calendario.

Empezamos o terceiro trimestre e por agora temos que seguir en casa polo virus que xa coñecedes polo conto "Bailaremos bajo una estrella".
Oxalá nos podamos volver ver antes de que remate o curso. Pero mentres hai que traballar para seguir aprendendo moitas máis cousas.

Hoxe imos inventar unha poesía cos nosos nomes en vertical. Empezo eu (en castelán).

Mañana
Al amanecer
Reiré, cantaré
Imaginaré.
Besos y abrazos
Eternos para todos.
                     *Eternos:que nunca se
                              acaban.

Agora facedes un co voso nome (obrigatorio).
Noa, Leo, Lía e Teo poñer tamén o primeiro apelido, xa que o voso nome é moi cortiño.
Teo é o que máis vai escribir, porque ten o apelido máis longo (pode axudarte Leire).

Quen queira despois  pode facelo co nome de familiares, amigos, mascotas...ten que destacar ben a primeira letra do nome que elixades, MARIBÉ nótase ben en vermello, vós como queirades, que sodes uns artistas.

A min gústame moito esta actividade, cando volvamos a clase lembrarme facer estas poesías entre todos (pero sempre levantando a man para falar).
O que acabades de facer chámase acróstico, palabra rara, pero vós xa aprendistéis, sodes xeniais.

Agora imos facer unhas series numéricas moi faciliñas.






Lembrade que os mestres de Educación Física e de Inglés están engadindo tarefas no seu apartado.

Ata mañá! Moitos bicos de Maribé e Tania.

  

lunes, 13 de abril de 2020

Queridas familias:
Antes de comezar o terceiro trimestre, quero darvos ánimo e apoio a tod@s nestas circunstancias que estamos a pasar.

O importante é seguir en contacto cos nen@s tratando de que sigan facendo traballos vinculados ao que aprenderon ata o de agora.

Poñerei actividades e lecturas das que poidan extraer aprendizaxes. Algúns precisarán axuda, outros se equivocarán, outros o farán ben... o importante é que teñan unha rutina e sexan responsables das tarefas que teñen que facer. E sobre todo "valorar" os traballos que fan.

O máis importante é consolidar os contidos dados.

Aquí estou para o que necesitedes, tedes o meu correo, teléfono e tokapp.
Non dubidedes en poñervos en contacto comigo.


               Un saúdo de Maribé

jueves, 2 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe é o último día, cando teríades que levar o libro 2 de PIEZAS asinado por Rasi, a carpeta...

As cousas son diferentes. Eu acórdome moito de Rasi e de Dulcita, pero estarán a xogar e falar das súas historias, tamén sen sair da clase, como nós da casa.
Hoxe podedes imprimir ou que vos copien

"BAILAREMOS BAJO UNA ESTRELLA" da ligazón do día 30 de marzo, despois o ledes coma unha 
poesía e podedes organizar un recital en casa.

Eu tamén estarei de vacacións lendo libros, ordenando... todo o día na casa darame tempo a facer moitas cousas.

Recordade que todo o que fixestes e fagades no futuro(que sexa en papel) gardádeo no  sobre grande de plástico.

Pasalo moi ben nestas vacacións e ata o 14 de abril.


     Un bico aéreo para tod@s.


miércoles, 1 de abril de 2020

Ola nen@s e familias:

Hoxe comeza o mes de abril. Despois póñovos un calendario, imprimídelo ou o copiades poñendo os días enriba (castelán ou galego). Lembrade que xoves e venres é con "v" e sábado con "b" para acordarse de Maribé, iso era antes de ter que estar en casa.


Este mes creo que non hai ninguén de cumpleanos (se non me equivoco) pero teño que felicitar a Yaiza que estivo o 22 de marzo (o meu número favorito:os dous parruliños) e non me dei conta porque non tiña o póster da aula na casa.


MOITOS    BIQUIÑOS   AÉREOS, YAIZA.


Hoxe é mércores, facer sempre a rutina de que día foi onte e de que día será mañá e tachades o día cando pase.




Hoxe póñovos o crocodilo, lembrade que a boca come o número maior.       



A ficha que debedes facer tendo en conta a imaxe do crocodilo.


Ademáis, deixovos unha ficha na que debedes ler con atención o texto e responder ás cuestións que aparecen.



Unha aperta moi grande. Moito ánimo!

Maribé e Tania.