Queridas familias:
Antes de comezar o terceiro trimestre, quero darvos ánimo e apoio a tod@s nestas circunstancias que estamos a pasar.
O importante é seguir en contacto cos nen@s tratando de que sigan facendo traballos vinculados ao que aprenderon ata o de agora.
Poñerei actividades e lecturas das que poidan extraer aprendizaxes. Algúns precisarán axuda, outros se equivocarán, outros o farán ben... o importante é que teñan unha rutina e sexan responsables das tarefas que teñen que facer. E sobre todo "valorar" os traballos que fan.
O máis importante é consolidar os contidos dados.
Aquí estou para o que necesitedes, tedes o meu correo, teléfono e tokapp.
Non dubidedes en poñervos en contacto comigo.
Un saúdo de Maribé
No hay comentarios:
Publicar un comentario