viernes, 29 de mayo de 2020

Ola nen@s:

O luns, xa será o mes de xuño.

Recordade que ese día é cando as vosas familias teñen que ir ao colexio para recoller libros, carpeta... dacordo co horario feito.

Se levásemos un curso normal en xuño xa non teríamos clase pola tarde.

Así que repasade se os falta algo por facer.

Se queredes tamén sabedes que podedes consultar o blog de orientación

Dende o luns hai que, pouco a pouco, ir rematando o libro de galego e o de PIEZAS que quedan poucas follas.

As videoconferencias, xa os poñerei, teño que apuntar na miña axenda as reunións que vou ter no colexio cos demais profesores.

Serán videoconferencias que nos fagan pensar, disfrutar, conversar...

Disfrutade do fin de semana.

  
                   Un  bico 

jueves, 28 de mayo de 2020

Ola nen@s:

O luns xa teredes en casa todo o que vos quedou en clase.

Hoxe pola tarde poñerei as claves das videoconferencias do venres. Nelas falaremos  de como organizaremos as tres semanas que quedan de xuño. Xa sabedes que en xuño non habería clase pola tarde.

Lémbrovos que o libro de Almirante é do colexio, se o acabastes traédelo porque será para os nenos de primeiro do ano que vén. Non o perdades! Podedes traelo en setembro.



Ata mañá.




martes, 26 de mayo de 2020

Ola nen@s:


Hoxe, mércores, póñovos unha canción infantil moi antiga recuperada por Federico García Lorca titulada "La tarara".

Ten a súa orixe ao parecer en Soria, buscala no mapa de España de onte.
A canción fálanos dunha muller que lle apetece pasear polos campos bailando, gústalle a liberdade de facer iso e outras cousas aínda que rían dela porque non a comprenden.

NON HAI QUE ESCRIBILA, pero podedes cantala e debuxala (a quen a debuxe lle poño un moi ben, pero non é obrigatorio). 





Para coñecer un pouquiño máis sobre Federico García Lorca, ides ver un vídeo que dura moi pouco donde nos conta a súa vida.



Ata mañá! Escoitade moi atentos os videos e leede moito. Un bico
Parabéns Noa!!!!!

Ola nen@s:
Hoxe póñovos o mapa de España. Nós estamos na provincia de Pontevedra, arriba, a esquerda.
Tedes que buscar a provincia de Granada, onde naceu Federico García Lorca. Douvos unha pista, está abaixo e percorremos toda España para chegar alí... que lonxe!!!!

     
Hoxe só tedes que escribir con letra uns números.

Matemáticas en castellano. Recordad que veinte y treinta llevan una "i" en el medio. Las familias del 10 y del 20 se escriben en una palabra. Después del 30 con una "y" en el medio.

93-..........................
75-..........................
52-..........................
31-..........................
14-..........................
86-..........................
28-..........................
67-..........................
49-..........................

      Descansade e ata mañá. Un bico

lunes, 25 de mayo de 2020

Ola nen@s:

Menudo día de verán!!!!
Mañá as 12 e media felicitaremos a Noa.

ID-725 6105 6917

CONTRASEÑA-7uQGx3


   Ata mañá.Un bico.

Ola nen@s:


Última semana do mes de maio.

Hoxe poño a poesía de Federico García Lorca.

En xuño, contareivos as vivencias que une ao poeta de Granada cun familiar do noso compañeiro Jesús. Teño que estudar un pouco máis toda a historia.
Xa sabedes o que sempre digo, toda a vida é aprender cousas novas, e agora tócame a min ler para saber e despois podelas explicalas para a vosa idade.


Na última pregunta da ficha de matemáticas, a decena máis próxima a 23 é 20, porque chégase antes ao 20, o 39 está máis próxima ao 40. Quen teña problemas para entender, que o mande sen facer, que xa o explicarei eu particularmente ou na videoconferencias do venres.
Esta semana terei unha titoría telefónica con todas as familias.
Mañá poñerei as claves para felicitar o martes a Noa.

                   Un bico