Que día é hoxe? Mércores, 22 de abril, o meu número favorito. Se abril ten 30 días, hai 8 días antes de que remate o mes.
Na clase veríamos que na táboa do 100 hai 8 saltiños do 22 ao 30.
Antes de finais de abril, falarei de novo coas nais e pais para que me digan como está a traballar cada un.
Con calma, pero TRABALLANDO!!!!
En maio teremos días de videoconferencias e xa nos veremos as caras. Qué ganas teño de veros!!!!
Traballo de hoxe:
- CÁLCULO.
RECORDADE!! O crocodilo sempre ten a boca aberta para o número máis grande.
- LINGUA.
Os que non podades imprimir facedes o debuxo dos gatos e poñedes o nome debaixo. Ademáis debedes de facer o último exercicio. Xa sabedes, os debuxos non teñen que estar perfectos. Cando Maribé os fai na pizarra non son iguais á imaxe.
Hoxe é o "Día de la Tierra". Despois de mirar este video que queremos compartir con vós, facedes un bonito debuxo, demostrando o gran artistas que sodes todos!
Esperamos que vos guste!
Moitos bicos a todos de parte de Maribé e Tania.
No hay comentarios:
Publicar un comentario