lunes, 27 de abril de 2020

Ola nen@s:


Esta semana ten só catro día, o venres é festivo e ademais comeza o mes de maio.

Durante esta semana falarei con todas as familias para saber que tal levades o traballo que vos poño.

En maio verémonos as caras e falaremos, preguntarei, preguntaredes...
Faremos cálculo coa táboa do 100 e será máis entretido.
Tentarei ter todo ordenado porque non os teño a vós para que me atopedes o que non puxen no seu sitio.

Hoxe vouvos poñer un conto que tedes que imaxinar vós. (En castelán)

Lembrade que o título o podedes poñer ao principio ou ao final, segundo como se desenvolva a historia (que non teña moitas palabras)

                 TÍTULO
            -----------------           

Hace muchos,muchos años existía un--------------------------------------------------------
--------------------------------------------.
En este lugar había también-----------------------------------------------------------------------------------------------------------.
De repente sucedió algo inesperado----------------------------------------------------------------------------------------------------.
Por fin todo se resolvió cuando-------------------------------------------------------------------------------------------------------.
Y cuento contado,cuento acabado.

Este conto ten que estar rematado para o luns 4 de maio. Xa sabedes que tanto os grandes pintores como os grandes escritores non teñen porque facer as súas obras nun día, van facendo outros traballos, polo medio, diferentes: ler, axudar a familia, rematar traballos atrasados, xogar...

Eu sigo escribindo na axenda as cousas que teño que facer, e cando as remato as marco cunha cruz vermella. Por certo! teño que apuntar que nen@s cumplen anos en maio.

             Bicos e ata mañá

No hay comentarios:

Publicar un comentario